Durante a reunión presentouse o estado actual de cada piloto, e o plan de lanzamento do piloto en contorna controlada, previo á posta en marcha do piloto real. Ademais expuxéronse os casos de uso que se probarán en cada Deployment Site (DS) ou lugar do piloto.
As solucións para o envellecemento activo e saudable serán despregadas sobre AIOTES (ACTIVAGE IoT Ecosystem Suite), mellorando e ampliando os servizos existentes, para a promoción da vida independente, a mitigación da fraxilidade, e a preservación da calidade de vida e a autonomía. Durante a reunión plenaria presentouse a primeira versión de AIOTES.
Respecto ao piloto de Galicia, explicouse o traballo realizado no proceso de recrutamento e os modelos formativos que se definiron. Ata final de ano desenvolverase a fase de estabilización do piloto, no que se instalará un equipamento no showroom de Televes, cunha combinación de casos de uso socio-sanitarios, así como a instalación en dez fogares reais. Durante o 2018, levará a cabo a fase de implantación, cun despregamento masivo de usuarios.
Este proxecto europeo está financiado no marco do programa Horizonte 2020 da Comisión Europea e é coordinado pola empresa Medtronic. Esta iniciativa que durará catro anos, conta con 50 socios, implicando a uns 7.200 usuarios e máis de 43.000 dispositivos da internet of Things (IoT).
A actividade do proxecto pódese seguir en:
Regístrate como: