Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Unha persoa maior utiliza a aplicación de Angel4 para Android

Un detector de caídas que avisa a familiares ou coidadores en caso de emerxencia

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 28/08/17 (10:31)

Orientatech, o proxecto de Fundación Vodafone e Cruz Vermella a través de Tecsos, analizou o sistema de detección de caídas Angel4 que consta dun dispositivo conectado a un teléfono Android que avisa a familiares e coidadores en caso dunha emerxencia e envíalles a localización do usuario.

Na súa análise, Orientatech destaca que a detección de caídas está "moito máis lograda" que calquera sistema integrado nun smartphone, e subliña que a geolocalización apoiada en Google Maps é "preciso e de gran utilidade".

Tamén pon no lado positivo os avisos sonoros que son "de gran utilidade" e que os menús son sinxelos e de fácil comprensión.

Con todo, pon algúns puntos para mellorar para este sistema en próximas versións, como que debería contar cunha batería integrada, en lugar de utilizar pilas, que se debería mellorar a etiquetaxe de iconas e mensaxes para persoas con discapacidade visual, e afirma que sería acertado reducir o peso e as dimensións do sensor para facilitar a súa ocultación.

Podedes ler toda a análise deste sistema na páxina web de Orientatech a través desta ligazón.

 

Tema: General
Fuente: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal