Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Imaxe montada dunha unidade central de Visualfy DSS sobre unha mesa de traballo.

VIsualfy permite que o smartphone escoite por ti

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 05/06/17 (10:20)
  • A compañía Visualfy está a desenvolver un sistema para o fogar que recolle e recoñece os sons e avisa mediante o smartphone ao usuario sobre o que se oe na súa casa

 

Este revolucionario sistema de avisos funciona cunha serie de micrófonos incorporados a enchufes que se distribúen por todo o fogar e un dispositivo central, que tamén incorpora un micrófono, e que é o que procesa a información sobre o ruído captado e a traduce aos smartphones ou a calquera dispositivo intelixente, como unha televisión, un reloxo ou unha pulseira.

Este sistema recoñece os sons que o usuario configure, como pode ser o timbre de casa, a alarma de incendios ou o pranto dun bebé, e asígnalle un aviso personalizado.

Estes avisos poden ser unha serie de vibracións e uns escintileos de distintas cores, de maneira que o usuario con discapacidade auditiva pode recoñecer os sons que hai no seu fogar.

Tema: General
Fuente: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal