Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Reporting Exchange

"Reporting Exchange", a plataforma do WBCSD para compartir e comprender as memorias de RSE

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 21/12/16 (11:26)
O WBCSD (World Business Council for Sustainable Development), lanzou Reporting Exchange; unha plataforma web para axudar a comprender requisitos e recompilar recursos sobre informes de sostenibilidade/Responsabilidade Social de todo o mundo.
 
WBCSD, CDSB e Ecodesk desenvolveron Reporting Exchange, que por agora funciona en modo de proba, tamén para conectar a todos aqueles interesados en información rigorosa e verificada por expertos en informes de sustentabilidade de 30 países; incluíndo Estados Unidos, Arxentina, Chile, China, India e máis de 10 países europeos. Ampliarase a 40 países durante o avance da fase beta. Prevese que co tempo, o intercambio de informes cubrirá todas as principais economías do mundo.
 
As características principais de Reporting Exchange son:  
 
  • Proporciona todo aquilo que empresas e persoas interesadas coa RSE/RSC/Sostenibilidade necesitan para comprender e divulgar información de maneira sinxela sobre sustentabilidade. A plataforma guía aos usuarios cara a recursos que se relacionan coa súa rexión ou sector sobre que, onde e como informar.
  • Busca, filtra ou navega e a identificar regulacións, políticas, prácticas, iniciativas, normas, códigos e guías de informes específicos.
  • Mostra vínculos cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible que destacan como os requisitos e os recursos de información contribúen aos principais desafíos de sustentabilidade aos que se enfrontan as empresas.
Unhas características que permiten a colaboración entre xornalistas, académicos, investidores, empresas, ONG, reguladores e organismos normativos.
 
A plataforma é tamén unha ferramenta crave para investidores e académicos, quen pode usala para entender as relevancia da presentación de informes de sustentabilidade e o contexto de temas específicos. O lanzamento mundial e definitivo da web está previsto para mediados de 2017 e estará dispoñible en inglés, español, portugués, francés, alemán, mandarín e xaponés.
 
O WBCSD é a plataforma empresarial líder a nivel mundial para o impulso da cultura do desenvolvemento sustentable entre a comunidade empresarial. Ten máis de 200 membros entre os que se atopan compañías líderes globais de 35 países e máis de 20 sectores económicos diferentes. Isto representa uns 19 millóns de empregados e uns resultados duns 8,5 billóns de dólares.

 

Tema: General
Fuente: Diario Responsable
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal