Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Traballando pola coalición polas capacidades dixitais dos cidadáns

Coalición europea polas capacidades dixitais dos cidadáns

Formada por un gran número de actores, traballará para cubrir o déficit de xente cualificada en TIC que poidan ocupar 750.000 postos de aquí a 2020.

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 02/12/16 (08:08)

‘Coalición polas capacidades e os empregos dixitais’, así se chama a iniciativa que lanzou este xoves a Comisión Europea para dar resposta ao déficit de persoas con capacidades dixitais para cubrir postos vacantes en todos os sectores, e que levará adiante cos Estados membros, empresas, ONG´s, organizacións sociais e docentes.

Os membros da Coalición comprométense a paliar as carencias de capacidades en todos os ámbitos, desde as capacidades especializadas en tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) de alto nivel ata as que necesitan todos os europeos para vivir, traballar e participar nunha economía e sociedade dixitais.
 
En Europa falta xente con capacidades dixitais para cubrir postos vacantes en todos os sectores, o que podería supoñer a perda de ata 750.000 empregos cualificados en TIC de aquí a 2020. Paradoxalmente, a taxa de desemprego da UE entre os mozos de entre 15 e 24 anos alcanza case o 20 %. Máis dun terzo da man de obra e, máis en xeral, ao redor do 45 % dos cidadáns europeos só ten competencias dixitais básicas.
 
A Comisión confía en que esta iniciativa, xunto á campaña 'eSkills for Jobs', o marco estratéxico Educación e Formación 2020 e a creación de coalicións nacionais de competencias dixitais, consiga para 2020 formar a un millón de mozos desempregados para cubrir postos dixitais vacantes, apoiar a capacitación e a reciclaxe dos traballadores, modernizar a educación e formación, reorientar e aproveitar o financiamento dispoñible para apoiar as capacidades dixitais
 
Esta Coalición é unha das dez iniciativas propostas pola Comisión dentro da Nova Axenda de Capacidades para Europa que foi presentada o pasado mes de xuño. Entre os máis de 30 socios que a integran, atópase a Alianza Europea de Pemes Dixitais, así como empresas de maior tamaño (ESRI, SAP, Google, ECDL).
Tema: General
Fuente: esmartcity.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal