Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Cámara dixital

O potencial da fotografía dixital para fixar lembranzas, a disposición dos veciños de Brión

  • O curso é totalmente gratuíto
  •  O obradoiro terá lugar este venres 2 de decembro na aula CeMIT de Brión, en horario de 11:30 a 13:30 horas
Versión para impresiónSend by email
Brión, 01/12/16 (08:59)

O Concello de Brión e a aula CeMIT local convocan un curso gratuíto de fotografía e vídeo dixital dirixido a recuperar e pór en valor as lembranzas da veciñanza. O obradoiro terá lugar este venres 2 de decembro na devandita aula, en horario de 11:30 a 13:30 horas. O curso, no que o alumnado recibirá trucos e consellos para facer fotografías e vídeos con teléfonos intelixentes, achegará coñecementos sobre aplicacións gratuítas para facer composicións de imaxes e sobre métodos para compartiren as súas creacións nas redes sociais.

O curso é totalmente gratuíto, se ben é preciso anotarse previamente na Aula CeMIT de Brión ou chamando ao 981 50 99 08. Este curso gratuíto está organizado polo Concello de Brión, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), a Fundación Vodafone España, a Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Tema: General
Fuente: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal