Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Cartel do evento

Coruña convoca tres bloguers referenciais para axudarnos a tirar partido da revolución dixital

Versión para impresiónSend by email
A Coruña, 02/11/16 (08:10)

A Coruña vai acoller dende o 9 até o 11 de novembro (en horario de 19.00 a 21.00 horas) as xornadas de comunicación social Apúntate á revolución dixital, unha actividade organizada pola Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña. Segundo apunta este departamento, trátase dun programa de sesións divulgativas e formativas directamente encamiñada a solucionar as nosas dúbidas sobre como dar a coñecer unha web ou un blog, sobre como comunicar dixitalmente ou sobre as metodoloxías máis axeitadas para extraerlles proveito ás redes sociais. Segundo informa a Concellería, “nestas xornadas sobre revolución dixital tres monstros dos medios sociais contarannos cales son as armas dixitais máis eficaces para acadar os nosos obxectivos”.

Trátase de Óscar Reboiras, responsábel de comunidades dixitais de R, a xornalista e blogueira Patricia García Lema, e a guionista e youtuber Carolina Iglesias. “Óscar, Patricia e Carolina”, sinala a Concello, “amosarán a súa experiencia e escoitarán a das e dos participantes nas xornadas, creando unhas xornadas de diálogo en torno á presenza e a comunicación na rede de redes”.

Máis en detalle, Óscar Reboiras abordará o 9 de novembro a temática das comunidades dixitais (Estratexia en redes sociais, cando os usuarios marcan a liña) e falará da súa experiencia a través do blog de R quecheparece.com, a estratexia de proximidade do operador galego.

Pola súa banda, Patricia García Lema afondará na cuestión da marca persoal e das posibilidades profesionais que se abren con esta identidade. Fará un percorrido pola historia do seu caderno www.donkeycool.es e da súa actividade despregada en diferentes redes sociais (Instagram, Facebook, Twitter e Linkedin) co obxectivo de forxar a marca de seu, que en palabras da organización das xornadas “non só lle serviu para acadar algunha meta persoal, senón que lle valeu para adquirir visibilidade e ampliar os seus horizontes profesionais”.

Por último, Carolina Iglesias desenvolverá o relatorio Do mundo virtual ao real... De youtuber a guionista, un achegamento ao potencial das redes sociais como ferramentas para propiciar “visibilidades positivas” de proxección profesional. Carolina Iglesias falará de como conseguir traballo grazas ao noso labor en YouTube.

Tema: General
Fuente: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal