Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Cartel da xornada

VI Xornada Escola de familias e discapacidade da Fundación MAPFRE

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 27/09/16 (19:05)

A Escola de familias e discapacidade da Fundación MAPFRE organiza o vindeiro sábado 8 de outubro a súa VI Xornada presencial na cidade de Santiago de Compostela. Na xornada, Gonzalo Berzosa, Director da Escola de familias e discapacidade, impartirá a charla: “Conectados somos máis autónomos. A tecnoloxía ao servizo da seguridade, a iniciativa, a vida independente”.

O obxectivo da xornada é reflexionar sobre a necesidade de incorporar na vida cotiá das persoas con discapacidade o uso das tecnoloxías da comunicación.

Trataranse aspectos clave, tales como:

  • As vantaxes que achegan á vida independente.
  • As dificultades de normalizar o seu uso.
  • As resistencias e medos das familias.
  • As oportunidades que xeran para a inclusión social e laboral.

Xunto cos contidos que se ofrecen na súa web, a Escola ofrece ás familias, a través destas xornadas presenciais, un tempo e un espazo para vivir a experiencia de que non están soas, que poden compartir as súas dificultades, expresar os seus medos, coñecer as conquistas no ámbito da autonomía persoal doutras persoas con discapacidade e mirar ao futuro con esperanza e confianza.

A Xornada levarase a cabo no Parador “Hostal dos Reis Católicos” situado na Praza do Obradoiro, 1. Santiago de Compostela (A Coruña) de 9:00 a 14:00 horas.

Quen desexe asistir poderá inscribirse de maneira gratuíta a través da web oficial da Escola de familias e discapacidade.

 

Tema: General
Fuente: Fundación Mapfre
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal