Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Concurso logo

Participa! Deseña un logo para unha rede europea de hoteis solidarios coa Síndrome de Down

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 12/08/16 (08:16)

DOWN ESPAÑA está desenvolvendo, xunto con outras organizacións europeas, un innovador proxecto de carácter internacional que persegue un ambicioso obxectivo: a creación dunha rede europea de hoteis e negocios de hostelería (restaurantes, bares,…) que ofrezan oportunidades laborais ás persoas con síndrome de Down.

O proxecto coñécese polo nome de ‘On My Own…at work’ (en galego, ‘Pola miña propia conta… no traballo’), e nel participan, ademáis de DOWN ESPAÑA, entidades como a portuguesa APPT21-Associaçao Portuguesa de Portadores de Trissomia 21, ou a italiana AIPD- Associazione Italiana Persone Down.

Xa se conseguiron decenas de insercións laborais en diversos hoteis de Europa, en forma de práctica ou de contrato. A intención é que aos poucos se vaian sumando á iniciativa moitas cadeas hostaleiras e de restauración.

Como participar?

As candidaturas que se presenten ao concurso (así como a solicitude de información adicional) mandaránse ao seguinte enderezo mail: omo.logodesign@gmail.com.

Os traballos deberanse enviar indicando no asunto: “Concurso Logotipo + nome e apelidos do autor”.

O logo deberá estar composto de:

  • Deseño gráfico.
  • Un nome para o propio logo e a súa grafía concreta.
  • Un lema, escueto, que debe acompañar o deseño do logo.

O formato no que se envíe o logotipo debe ser JPG á maior resolución posible, así como aquel de o programa no que se deseñou, xunto a todos os elementos necesarios para a súa reprodución.

Cada participante poderá presentar un máximo de dúas propostas. Deberá terse en conta que o logotipo será utilizado en distintos tamaños e formatos, polo que deberá ser legible tanto en tamaños medios como en formatos máis reducidos. O prazo para presentar os deseños finaliza o 25 de outubro de 2016.

As características que se buscan no logo, así como as bases íntegras do concurso, poden descargarse nun Documento PDF OFicial de Down España.

Tema: General
Fuente: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal