Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Dúas persoas cegas usando unha tableta

A ONCE alerta ás persoas con discapacidade visual dos peligros e riscos nas redes sociais

  • Mediante a realización de diferentes actividades por todo o Estado, a Organización trata de dar a coñecer as oportunidades que brindan a Rede e as Apps accesibles.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/05/16 (10:01)

Un ano máis, a ONCE súmase á conmemoración do Día de Internet (#diadeinternet), o próximo 17 de maio, na súa xa decimosegunda edición, tratando de alertar ás persoas con discapacidade visual dos perigos e riscos existentes no uso das redes sociais e Internet, grazas á colaboración dos efectivos da Policía Nacional e/ou Autonómica.

Desde que se instaurase este día, a Organización tratou de aproveitar a data para concienciar sobre a necesidade de que a accesibilidade universal e o deseño para todos sexa unha realidade, especialmente para as persoas con discapacidade.

Por iso, nesta ocasión, traballará tamén para dar a coñecer algunhas ferramentas e Apps accesibles das que dispoñen estas persoas para poder acceder en igualdade de condicións que o resto de usuarios, mediante a realización de diferentes actividades por todo o Estado. Entre estas Apps accesibles poden atoparse, como exemplo, o GOLD (Xestor ONCE de Libros Dixitais); o AudescMobile, que permite acceder á audiodescripción de películas, series e contidos audiovisuais desde o móbil; ou o Comunicador Táctil ONCE (CTO) que facilita a comunicación das persoas con xordocegueira.

Así mesmo, no Día de Internet, a ONCE visibilizará a necesidade da utilización de Internet para o acceso das persoas cegas a servizos básicos como a asistencia médica, compras, ou consultas de actividades de lecer e tempo libre, entre outros; a accesibilidade nas ferramentas que permiten o almacenamento na Nube; o uso das redes sociais como medio de interconexión con grupos de interese; a seguridade nos pagos; os sistemas operativos iOS e Android: ou o teletraballo como modalidade laboral, entre outras moitas cuestións.

Unha cita na que, ademais, daranse a coñecer as recentes posibilidades incorporadas tanto en Twitter como en Facebook, que facilitan a descrición mediante texto dos recursos audiovisuais que os usuarios vaian incorporando a cada unha destas redes sociais.

Tema: General
Fuente: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal