Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Cartel do Gaiás Gaming

Precísanse persoas voluntarias para colaborar no 'Gaiás Gaming´

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/05/16 (12:38)

Gaiás Gaming é un evento multiocio que se vai celebrar na Cidade da Cultura e que ten un trasfondo solidario. Alí daranse cita varias ofertas de ocio distintas ó longo dos 3 días que dura o evento, 13, 14 e 15 de Maio.

Preténdese desenvolver unhas xornadas nas que todo o mundo poida desfrutar da súa actividade/deporte preferido e, mentres se divirten, estarán a colaborar cunha boa causa.

Tódalas entradas e inscripcións destinan íntegramente 1€ a unha fin solidaria. Gaiás Gaming non doará nin ingresará os cartos obtidos a ningunha ONG nin asociación, senon que fará as súas propias obras solidarias.

Como esta primeira edición ten unha parte importante de xogos electrónicos, Gaiás Gaming mercará e doará ó servizo de Oncoloxía Pediátrica e Hematoloxía do CHUS consolas e videoxogos para que os pacientes poidan distraerse mentres reciben tratamento de quimioterapia.

En Gaiás Gaming vanse diferenciar dúas partes: Intranet y Extranet.

- A Intranet é o núcleo de Gaiás Gaming e constará:

  • Dunha zona de ordenadores á que se accede mercando unha entrada previa.
  • Estarán 250 gamers as 24 horas do día, venres, sábado e domingo.
  • Haberá unha zona de acampada, un escenario, stands de patrocinadores, unha área de PCs, unha área de PlayStation 4, unha zona de xogos de mesa, stands de simulación, pequenos obradoiros, unha exposición de consolas clásicas, campionatos de dardos e futbolín e incluso unha proba española de billar (só para profesionáis da liga Master).

Estas actividades celebraranse no edificio Museo, que estará aberto ó publico dende as 00:01 do venres 13.


Co fin de que estas actividades se leven a cabo do mellor xeito posible precisanse voluntarios para colaborar nas seguintes accións:

  • Axudar a dirixir o tráfico nos parkings.
  • Axudar a entregar acreditacións.
  • Orientar á xente.
  • Axudar coas conexiones dos ordenadores.
  • Ofrecer información aos visitantes.
  • Axudar aos organizadores a realizar 3 batidas de limpieza polas 6 filas de mesas ó día.


- A Extranet é a parte exterior do Museo, que abarca as zonas públicas (prazas, rúas...) da Cidade da Cultura, os túneles e o edificio Cinc.

O venres e sábado haberá unha serie de charlas e obradoiros infantís no edificio Cinc que estarán supervisados polos propios monitores polo que se precisan voluntarios para as tarefas de orientación neste caso.

O sábado celebraranse varios campionatos como fútbol, baloncesto, paintball, xogos populares… nos que se necesitarán voluntarios para arbitrar e/ou guiar ós xogadores ata as zonas de xogo. No paintball e tirolina, os voluntarios só axudarán aos propios monitores a xestionar a entrada á actividade.

Os concertos serán o sábado dende as 18:00 ata a 01:00 nos túneles e só se poderá acceder cunha entrada de 6€. Os voluntarios nesta actividade axudarán a guiar á xente á entrada e á saída do evento.

A continuación definimo-las actividades nas que se precisará a axuda das persoas voluntarias.
Non son necesarios ningúns coñecementos previos xa que Gaiás Gaming ten preparada unha pequena charla para informar e instruir nas actividades e en materia de seguridade ao voluntariado, que se desenvolverán ao longo da fin de semana.

Gaiás Gaming é unha actividade na que se pretende que todo o mundo participe con seu chisco de area para conseguir un gran evento de lecer que poderá disfrutar todo o que se achegue á Cidade da Cultura durante esas datas.

A previsión de necesidades están contempladas na seguinte lista, haberá persoal de organización que estará supervisando e axudando ás persoas voluntarias:

 

  • 2 persoas (só sábado) para arbitrar fútbol. Dende as 11:30h ata as 17:00h
  • 2 persoas (só sábado) para arbitrar baloncesto. Dende as 11:30h ata as 17:00h
  • 12 personas (cada día) para vixilancia, control, soporte, recollida de basuras na extranet. A repartir dende as 10:00h ata as 22:00h
  • 12 persoas (cada día) para vixilancia, control, soporte, recollida de basuras na intranet. A repartir dende as 00:00h ata as 23:59h
  • 2 persoas (cada día) para soporte no acceso ó paintball. A repartir dende as 9:30h ata as 21:30h
  • 2 persoas (cada día) para soporte no acceso á tirolina. A repartir dende as 9:30h ata as 21:30h
  • 2 persoas (sólo sábado) para soporte en concertos. A repartir dende as 18:00h ata as 2:00h
  • 15 persoas (cada día) para postos de control e acceso ao edificio Museo. A repartir dende as 00:00h ata as 23:59h
  • 2 persoas (venres e sábado) para soporte no acceso a charlas. A repartir dende as 11:30h hasta las 21:30h
  • 8 persoas (cada día) para control e soporte de tráfico no parking. A repartir dende as 10:00h ata as 22:00h
  • 4 persoas (cada día) para soporte informático. A repartir dende as 00:00h ata as 23:59h

Para máis información sobre o evento podes acceder á web www.gaiasgaming.com ou enviar un mail ao seguinte enderezo gaiasgaming2016@gmail.com.

No caso de querer anotarte como voluntaria/o a este evento preme na seguinte ligazón.

Tema: General
Fuente: Voluntariado Galego
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal