Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Scratch

O CPETIG e a Amtega celebran hoxe un curso para formadores en Scratch na Facultade de Informática da Coruña

  • É unha das actuacións do convenio asinado entre o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica
  • Con esta actividade formativa búscase ampliar o número de formadores especializados nesta ferramentas para os cursos que ambas entidades ofrecerán ao longo do ano
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 22/04/16 (09:13)

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebran hoxe, venres 22 de abril, un curso sobre a ferramenta Scratch na Facultade de Informática da Coruña (FIC).

O curso, que se celebrará en horario de 15.00 a. 19.00, está dirixido a colexiados do CPETIG e CPEIG, ao profesorado e alumnado da FIC e ao profesorado non universitario co fin de dotalos dos coñecementos e ferramentas necesarias para que poidan actuar como formadores en eventos relacionados con Scratch.

Nos últimos dous anos, e no marco da colaboración que vén desenvolvendo coa Amtega, o CPETIG vén realizando diferentes cursos e xornadas sobre Scratch para difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e os seus formadores.

De cara a poder ampliar o alcance desta actividade, faise preciso contar máis formadores especializados en Scratch e, de aí ,a celebración desta actividade.

Esta sesión formativa contará coa participación da asociación “Programamos”. O obxectivo fundamental desta asociación é promover o desenvolvemento do pensamento computacional dende idades temperás a través da programación de videoxogos e aplicacións para móbiles en todas as etapas escolares, dende educación infantil ata formación profesional.

Tema: General
Fuente: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal