Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Pantallazo da app

Cidades Patrimonio Accesibles

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 02/03/16 (11:53)

“Cidades Patrimonio Accesibles” é unha aplicación accesible e gratuíta que ofrece aos visitantes con discapacidade información sobre as condicións de accesibilidade da oferta turística das Cidades Patrimonio. Os seus contidos facilitan a planificación da visita e a propia experiencia na cidade, porque permiten aos usuarios seleccionar os recursos turísticos do seu interese e os establecementos cuxas características de accesibilidade se adecuan mellor ás súas necesidades particulares.

A aplicación recolle as rutas de interese turístico de cada cidade mellor preparadas para ser percorridas por Persoas con Mobilidade Reducida e establecementos turísticos de distintas tipoloxías: monumentos, museos, oficinas de turismo, aloxamentos, restaurantes, outros.

A información tamén está dispoñible na páxina web: www.ciudadespatrimonioaccesibles.org

Tema: General
Fuente: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal