Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

A fachada do punto CPAE 2.0 de Lalín

As TIC, eixo común de 30 obradoiros organizados pola Deputación de Pontevedra

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 01/03/16 (08:21)

Mañá comeza o mes de marzo e con el a posibilidade de asistir a 30 obradoiros encamiñados a autónomos e PEME, actividades organizadas pola Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0, a rede provincial de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías da información. Estes obradoiros levaranse a cabo nos seis centros cos que conta o CPAE 2.0, situados en: Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño e neles trataranse temas como a interpretación de datos de Google Analytics, o funcionamento de LinkedIn, a inserción de publicidade en Facebook ou a elaboración de mostrarios virtuais.

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) é unha rede de puntos comarcais que lles emprestan servizos presenciais de información e asesoramento sobre as TIC a autónomos e microPEME.

Segundo a Deputación, CPAE 20 é “un servizo de información a PEME da provincia de Pontevedra que ten por obxectivo potenciar o desenvolvemento económico a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación, facilitar a implantación do comercio electrónico e impulsar a venda en liña”.

Volvendo aos obradoiros, dicir que teñen unha duración media de dúas horas e a inscrición pode facerse a través do teléfono 886 202 020 ou da web do CPAE 2.0.

Tema: General
Fuente: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal