Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

I Hackatón Solidario “Intro para todos”

O Hackatón solidario organizado pola Amtega e o Concello de Padrón consegue un prototipo de escritorio adaptado ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual

Versión para impresiónSend by email
Aula CeMIT de Padrón, 05/01/16 (11:50)

O I Hackatón Solidario “Intro para todos”, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Concello de Padrón conseguiu o seu obxectivo: deseñar unha solución que mellore a usabilidade e accesibilidade dos ordenadores da aula CeMIT local coas achegas da cidadanía.

O Hackatón, convocado polo Concello, a Amtega e a Asociación de Pais e Nais con Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar (AMIPA) reuniu o pasado mes de novembro na aula CeMIT local a unha vintena de programadores, deseñadores, e emprendedores que deseñaron unha ferramenta para facilitar ás persoas con discapacidade intelectual o uso dos computadores.

Trátase dunha solución, baseada en software libre, que permite instalar nos ordenadores da aula un sistema de autenticación alternativo, adaptado a colectivos especiais, con ou sen competencias en lectoescritura, e un perfil de escritorio accesible, que recolla en pictogramas as principais ferramentas e aplicacións utilizadas polas persoas con discapacidade intelectual. Esta solución foi validada pola AMIPA e agora instalarase nos equipos da ula CeMIT de Padrón.

CeMIT-Innova
O Hackatón “Intro para todos” é dunha iniciativa piloto enmarcada no proxecto CeMIT-Innova, promovido pola (Amtega, en colaboración con Fundetec, para que a innovación social dixital poida dar resposta aos desafíos sociais locais, servíndose das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e de modelos de colaboración en rede.

A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), impulsada pola Amtega, está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas. O seu obxectivo é promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

Tema: General
Fuente: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal