A Fundación UPDEA e a Fundación Vodafone España colaborarán na impartición de obradoiros formativos no uso do 'Smartphone' en máis de vinte concellos da Comunidade de Madrid.
Ámbalas fundacións foron pioneiras no ano 2012 no ensino do uso do teléfono móbil intelixente (Smartphone) ás persoas maiores. Desde entón os cursos fóronse adaptando as necesidades deste colectivo.
Co fin de mellorar a súa calidade de vida, a iniciativa prevé a formación de máis de 3.400 persoas maiores no uso de novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet desde os mesmos. Mostraranse as diferentes posibilidades que ofrecen estes dispositivos: como utilizalos, para que nos poden servir e que aplicacións poden usar segundo os seus gustos e preferencias, especialmente para o contacto con familiares e amigos.
Os obradoiros desenvolveranse entre os meses de decembro de 2015 e marzo de 2016. En total impartiranse uns 150 obradoiros e 50 conferencias.
Regístrate como: