Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Logo Proxecto Simon

Buscar aparcamento en Madrid, máis fácil con SIMON Mobile

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 04/12/15 (09:31)

Non é sinxelo atopar unha praza de aparcadoiro nunha gran capital como Madrid. Pero a tarefa é moito máis complexa para as persoas con mobilidade reducida, que a pesar de ter teoricamente garantías de espazos reservados para eles, na práctica comproban como a miúdo outros condutores ocupan eses lugares. Facilitar a mobilidade e a procura de estacionamento é a misión coa que naceu a app SIMON Mobile, que podes descargar gratuitamente en Google Play para o teu dispositivo Android.

Grazas a esta aplicación (actualmente dispoñible en Parma -Italia-, Lisboa -Portugal- e Madrid -España-), os usuarios poden saber enseguida onde está a praza de aparcadoiro para persoas con discapacidade máis próxima. Pero hai moito máis: tamén poden comprobar que estacións de metro teñen ramplas especiais, ou cales contan con ascensores. Ademais, a app permite calcular rutas dun punto a outro xa sexa usando cadeira de rodas, en transporte público, en coche ou a pé; con instrucións paso a paso.

Pero poida que a característica máis rechamante de SIMON Mobile sexa a súa integración co Cartón de Estacionamento para Persoas con Mobilidade Reducida (TPMR). Con esta nova tecnoloxía preténdese combater a fraude no uso de prazas de aparcadoiro reservadas, tratando de garantir que estean dispoñibles para quen realmente as precisa. Os usuarios que conten con cartón poden usar a aplicación para validarse ao ocupar eses lugares, para acceder ás zonas restrinxidas da cidade e mesmo para consultar o seu historial de accións. Aínda que as TMPR están aínda en fase de probas, Madrid é unha das cidades elixida como 'piloto'.

O proxecto en que se enmarca SIMON Mobile arrincou hai case dous anos, con cofinanciación da Comisión Europea a través do Programa de Competitividade e Innovación. A meta é que estes avances sirvan para axudar ás persoas con mobilidade reducida a ter independencia, así como a equiparar o seu dereito ao transporte urbano e ao estacionamento público co resto da cidadanía.

Tema: General
Fuente: Fundación Montemadrid
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal