A Universidade de California en Santa Cruz está a desenvolver unha aplicación para terminais móbiles que permite á cámara de fotos identificar sinalizacións na rúa con texto, fotografalas e ler en voz alta. Trátase dunha ferramenta dirixida a incrementar a seguridade das persoas cegas na rúa.
Roberto Manduchi, desenvolvedor da aplicación, sinala que un dos principais problemas que teñen estes usuarios para usar a cámara é que non enfocan adecuadamente pola súa discapacidade. Para solventalo, o equipo de Manduchi desenvolveu un algoritmo capaz de detectar a localización do texto aínda que o usuario estea a enfocar a cámara cara a outra parte.
O sistema, desenvolvido polo momento para dispositivos iPhones, está aínda en fase de prototipo, pero espérase que estea dispoñible para comercializarse pronto. Para máis información consulte o portal do proxecto (información en inglés).
Regístrate como: