Mañá o Salón de Plenos da Cámara de Comercio de España en Madrid celebrarase un Foro Expansión centrado nas TIC, servindo este encontro de escaparate para a estratexia na internet deseñada para Aspaber pola empresa galega Abertal, por considerase como caso de éxito de todos os proxectos presentados aos programas coordinados polas Cámaras de Comercio de toda España. Neste foro participarán tamén a directora da Cámara de Comercio de España o director xeral de Red.es, o director xeral de Fundetec, o director xeral do ONTSI, o responsable de vendedores de Ebay España, entre outros.
Aspaber presentará o traballo de definición da súa estratexia de comunicación e comercialización na Internet, onde se analizaron as necesidades e obxectivos, despois do que se desenvolveron ferramentas web, deseñouse un Plan de Comunicación para a Asociación e un plan de comercialización para o Centro Especial de Emprego, así como os contidos necesarios para cada un destes soportes.
Regístrate como: