Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

SeeLight

SeeLight: a app que axuda aos cegos a cruzar a rúa

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 16/10/15 (12:23)

Imaxina que te situamos no centro dunha cidade e che tapamos os ollos cun pano. Probablemente, non tardarías máis que un par de minutos en sentir un enorme reparo á hora de cruzar a rúa. Non todos os pasos de peóns contan con semáforos sonoros; e mesmo aqueles que equipados con este tipo de sistema poden non resultar suficientes. En ocasións, o balbordo dos centros urbanos dificulta excesivamente a tarefa de escoitar os sinais. Nesas complexas circunstancias deben moverse as persoas con discapacidade visual, no seu lugar de residencia e en todos aqueles que visitan.

Para reducir o impacto destas adversidades naceu SeeLight, unha aplicación deseñada co obxectivo de facilitar a orientación e o tránsito de invidentes en todas as cidades do mundo. Trátase dunha idea orixinal do equipo ruso 'Hungry Boys', que conta con varios anos de experiencia no traballo con persoas cegas. Iso si: esta app non é máis que o comezo, unha plataforma que debemos encher de contido entre todos.

E é que son os propios cidadáns, incluso os gobernantes de cada centro urbano, quen deben incluír en SeeLight a información sobre os semáforos e os cruces existentes en calquera lugar do planeta. Por iso a aplicación conta con dúas interfaces distintas, unha delas adaptada a persoas con problemas de visión. De maneira sinxela poden introducir o destino que desexan alcanzar e recibir precisas instrucións en audio, coñecendo en todo momento as características e peculiaridades das cruces que deberán atravesar.

Saber se hai ou non semáforos con sinal sonoro, se cada un deles conta ou non cun botón para solicitar o paso, incluso a duración dos discos verde e vermello, todos estes datos, tan valiosos como facilmente compartibles, son os que SeeLight quere brindar aos seus usuarios. Se queres colaborar ou simplemente probala, non deixes de descargala na App Store. Polo momento non está dispoñible para dispositivos Android.

Tema: General
Fuente: Fundación Montemadrid
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal