Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Un neno utiliza unha tablet.

Os pais cren que o uso da tecnoloxía nas aulas mellora o futuro dos seus fillos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 08/09/15 (11:58)

A tecnoloxía está presente en todos os ámbitos da nosa vida, pero é nas aulas onde cobra unha especial relevancia porque nelas estanse formando os profesionais de mañá. Tanto é así que o 90% dos pais españois considera que o uso da tecnoloxía nos centros educativos mellorará o futuro profesional dos seus fillos.

Este e outros datos despréndense do 'Estudo europeo sobre educación tecnolóxica' realizado por GfK para BQ. Nel analízase a presenza e a relevancia das novas tecnoloxías nas aulas europeas segundo a opinión de máis de 4.500 pais de alumnos menores de 17 anos.

 

A educación tecnolóxica determina o éxito económico dos países

Para a maioría de europeos a formación tecnolóxica ten un impacto positivo na economía dun estado. Entre os máis entusiastas sitúanse os países do sur de Europa: segundo o 88% dos españois e o 85% dos portugueses e italianos, o éxito económico dun país depende en gran medida da capacidade dos mozos para crear e desenvolver tecnoloxía. Estas porcentaxes superan significativamente a media europea, que se sitúa no 77%.

A maioría de enquisados opina tamén que a educación tecnolóxica mellorará o futuro profesional dos seus fillos. Á cabeza desta crenza sitúanse os pais británicos (92%), seguidos dos do sur de Europa: España (90%), Italia (88%) e Portugal (85%). Os máis escépticos, pola contra, son os franceses (66%) e os centroeuropeos (Alemaña cun 77% e Suíza e Austria cun 70%).

No caso de España, o 85% dos pais pensa, ademais, que o uso da tecnoloxía é beneficioso para o neno e o seu proceso de aprendizaxe, máis aló das oportunidades laborais que poida facilitarlle de adulto.

Á hora de valorar se os seus fillos están preparados tecnoloxicamente para a sociedade do futuro, os pais do sur de Europa son os máis optimistas, cos italianos (84%) e os españois (83%) á cabeza. No lado contrario sitúanse os británicos, cunha porcentaxe inferior ao 70%.

 

A presenza das novas tecnoloxías na aula

Pero, están preparados os docentes hoxe en día para utilizar as novas tecnoloxías nas súas clases? Segundo o estudo de BQ, o 74% dos pais europeos considera que non o están.

Precisamente, este ano comezará a impartirse nos cursos de 1º ESO e 3º ESO de todos os centros da Comunidade de Madrid a materia Programación e Robótica, cuxo obxectivo é formar aos mozos nestas competencias e prepararlles para os retos profesionais do futuro. Trátase dunha iniciativa pioneira en Europa na que colaboraron diversas empresas -BQ entre elas-, elaborando parte do contido e da metodoloxía.

Neste sentido, o 87% dos pais españois opina que as empresas deben involucrarse máis activamente na implementación das novas tecnoloxías nas aulas, moi por encima da media europea (72%).

Alberto Valero, Responsable do Proxecto Educativo de BQ, comenta: 'O home crea as súas propias ferramentas: é, por definición, artesán. E os artesáns de hoxe e de mañá necesitan ferramentas para seguir innovando. A tecnoloxía debe axudar no proceso creativo e permitir que nos desenvolvamos como persoas. Isto ten un gran impacto sobre o futuro profesional e humano dunha sociedade. Por iso, desde BQ apostamos pola educación tecnolóxica, porque consideramos esencial que as persoas deixen de ser simples usuarias de tecnoloxía para que empecen a entendela e a creala.'

Tema: General
Fuente: Dicyt
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal