Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Dúas pastillas

As impresoras 3D tamén son capaces de producir mediciñas, a FDA da o visto bo

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 05/08/15 (09:00)

A impresión 3D segue mostrando a súa versatilidade en todo tipo de ámbitos, e se xa viramos avances impresionantes como a produción de riles ou corazóns agora comezan a tomar forma as aplicacións destas máquinas na industria farmacéutica.
A FDA aprobou a produción en impresoras 3D dun medicamento para a epilepsia chamado Spritam. É a primeira vez que este organismo que se encarga de regular esta industria en Estados Unidos permite que unha impresora fabrique un medicamento inxerido polo ser humano, e podería abrir as portas a un segmento especialmente prometedor para a impresión 3D.

As impresoras 3D utilizadas pola empresa Aprecia que se encarga de desenvolver este medicamento funcionan de forma idéntica aos modelos tradicionais, e fai uso dunha serie de capas cos pos que van conformando as pastillas. Non só iso: a composición deste medicamento fai que se disolva de forma moito máis rápida que as pílulas convencionais, algo que fai a vida máis fácil a aqueles que teñen que inxerir pastillas máis grandes e difíciles de tomar.

Non só iso: a empresa afirma que outra das vantaxes deste tipo de produción é que é posible axustar as doses con pastillas que poden ser de maior ou menor tamaño segundo o paciente: a personalización dos medicamentos estaría ao alcance dos médicos e os pacientes.

Tema: General
Fuente: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal