O Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC), organización público-privada destinada a promover tecnoloxías que faciliten a accesibilidade e mobilidade de todas as persoas, organizará o seu próximo congreso nacional no Palacio Euskalduna de Bilbao, os días 5 e 6 de novembro. Unha sexta edición que ten como obxectivos impulsar o desenvolvemento de tecnoloxías baseadas no deseño para todas as persoas e fomentar as TIC para mellorar a accesibilidade na sociedade.
Saúde, transporte, turismo, administracións e servizos públicos, emprego dixital, comercio e banca gozarán de gran protagonismo. Ao mesmo tempo, as empresas e as entidades públicas presentarán as súas estratexias de I+D+i, co fin de mostrar os últimos avances en accesibilidade mediante tecnoloxía.
'A accesibilidade segue sendo hoxe en día un dos retos pendentes da sociedade', comentou Gonzalo de Castro, de CENTAC. Unha cita na que profesionais do sector, empresas TIC, representantes da Administración Pública, profesores universitarios e estudantes finalizando carreiras técnicas poderán estar ao día de todo o que vira ao redor da accesibilidade.
O contido do congreso estará enfocado ás grandes tendencias tecnolóxicas que máis desenvolvemento van ter no futuro: a Internet das Cousas, os dispositivos wearables, big data, a impresión 3D, a robótica e a evolución dos smartphones. 'A clave dunha sociedade tecnolóxica consolidada é que todo o mundo poida ser partícipe dela, sen que ninguén quede excluído', explicou De Castro.
Regístrate como: