Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Logo de Enred@te

Enred@te, de proxecto piloto a servizo para persoas maiores

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/07/15 (10:01)

O proxecto Enred@te no que participou a Fundación TECSOS e que foi desenvolvido por Cruz Vermella e Fundación Vodafone chegará aos maiores de toda España grazas ao equipo de maiores de Cruz Vermella Española.

Enred@te, a rede social dixital para maiores, familiares, coidadores e voluntariado que foi testada como proxecto piloto durante 2 anos vai dar paso a ser un servizo máis que ofrecerá a Cruz Vermella Española a través do seu programa de persoas maiores.

O pasado xoves 18 de xuño, realizouse un acto simbólico de entrega do proxecto a Cruz Vermella Española, no que participaron entre outros, Javier Senent, Presidente de Cruz Vermella Española, Francisco Román, Presidente de Vodafone España e Oli Hervera, Directora de Intervención Social de Cruz Vermella Española.

Tema: General
Fuente: fundaciontecsos.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal