Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Cartel de (r)evoLuƧión

AGASOL prepara para o 12 de xuño un gran escaparate de solucións de negocio en aberto: (R)EVOLUƧIÓN

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 21/05/15 (08:45)

Será o vindeiro mes de xuño (o día 12) cando teña lugar a xornada (r)evoLuƧión, cara a modelos de negocio baseados en solucións TIC de código aberto dende as 9:00 até as 19:00 horas no compostelán Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás). O evento nace con vontade de punto de encontro de experiencias inspiradoras para profesionais do eido tecnolóxico e para todas aquelas persoas interesadas en tecnoloxías de código aberto en calquera sector da sociedade, isto é: empresas tecnolóxicas, profesionais de diferentes disciplinas, estudantes, etc.

E que se quere acadar con esta xuntanza? Pois servir de escaparate de experiencias, novidades e solucións en código aberto, ser un espazo de networking e contactos entre profesionais de diferentes disciplinas ou inspirar a aquelas persoas que queiran descubrir novos xeitos de emprender e desenvolver novos produtos/servizos de base código aberto.

Cómpre dicir que esta xornada está organizada por AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) en colaboración coa AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e contará coa presenza de relatores como Juan Freire ou Javier de la Cueva. Asemade, estarán presentes empresas galegas e estatais con presenza internacional como son Paco y Lola, OpenROV, ICARTO, Anubia, IGALIA…

Engadir que a asistencia é de balde, previa inscrición.

Tema: General
Fuente: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal