Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Portátil e dous aparatos controladores do Parkinson

Telefónica crea un dos primeiros aparatos para axudar a controlar o Párkinson

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/04/15 (13:26)

Telefónica, en colaboración co Centro Médico Teknon de Barcelona e a Universidade Politécnica de Cataluña (UPC), conseguiron desenvolver un dos primeiros aparellos para axudar a controlar unha das enfermidades neurodexenerativas máis graves do corpo humano, o Párkinson.

Trátase dun 'holter' adaptado a este tipo de doenzas que é capaz de monitorizar os distintos estadios da enfermidade e que abrirá novas vías de investigación no diagnóstico, tratamento e xestión dun trastorno neurodexenerativo crónico que conduce co tempo a unha incapacidade progresiva á hora de controlar os movementos voluntarios.

Englobado dentro do proxecto europeo de telemediciña 'RemPark', o sistema componse basicamente dun dispositivo de tamaño medio que pode ir axustado á cintura do paciente, controlando en todo momento as afeccións motoras derivadas desta afección.

Para iso, no interior do aparello inclúense unha serie de instrumentos micro sensoriais e un sistema bluetooth que permite a comunicación cun smartphone para detectar os parámetros sintomatolóxicos da enfermidade e determinar a fase na que se atopa o paciente en cada momento.

Posteriormente, estes datos son enviados mediante un sistema de xestión remota ao médico de cabeceira, que desde o seu hospital ou centro de referencia pode facer un mellor seguimento e axustar a medicación correspondente sen a necesidade de ter que esperar á seguinte consulta.

Do mesmo xeito que as persoas hipertensas teñen un tensiómetro na casa co que vixían a súa tensión arterial, os enfermos de Parkinson poderán adquirilo en pouco tempo para auto-controlar a súa enfermidade sobre todo nos primeiros estadios. Neste contexto, os médicos que participan no proxecto cren que Rempark representa un gran avance no estudo e manexo de todo tipo de enfermidades neurodexenerativas.

Polo menos así se pronunciou un dos principais investigadores do proxecto, Joan Cabestany, quen destacou que van seguir 'investindo e traballando no sensor para sacalo ao mercado tan axiña como sexa posible e compatible coa regulación dos dispositivos de atención sanitaria da UE'.

E é que o papel das novas tecnoloxías avanzadas para o automanexo da enfermidade, e os inminentes avances futuros como consecuencia da inclusión da tecnoloxía das TIC na xestión deste tipo de doenzas, é un feito ao que xa non se lle pode dar as costas.

Tema: General
Fuente: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal