Desde as súas orixes, os seres humanos caracterizáronse pola súa habilidade para a elaboración de ferramentas de diversa índole que aos poucos han ir formando parte do noso día a día. Un exemplo diso é o brazo biónico creado pola empresa xaponesa EXII.
Este dispositivo que foi fabricado grazas á impresión 3D é capaz de conectarse con calquera teléfono intelixente para realizar moitos dos seus movementos. Unha das cousas que diferencia este brazo biónico das próteses que coñecemos até este momento é o seu prezo xa que só custa 300 dólares.
O feito de que estea fabricado grazas á impresión 3D supón unha maior rapidez á hora de fabricar pezas de recambio. O seu funcionamento é moi sinxelo. Un sensor situado no brazo do usuario envía sinais ao smartphone. O teléfono procesa estes sinais e envíaas ao brazo intelixente dándolle instrucións dos movementos que ten que facer.
Regístrate como: