Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Apple Watch no pulso

O Apple Watch podería comunicarse con monitores de glicosa subcutáneos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/02/15 (07:54)

Nos últimos días estanse a avanzar detalles relativos ao reloxo de Apple como o feito de que sairía á venda en abril e que os traballadores da compañía da mazá xa estarían a recibir formación sobre o dispositivo, e agora The Wall Street Journal adianta un detalle bastante prometedor: DexCom estaría a deseñar unha aplicación para o seu monitor de glicosa de xeito que os diabéticos poderían facer un seguimento dos seus niveis de azucre dende o Apple Watch. Estaríamos ate un dos primeiros wearables que apostasen polo seguimento do nivel de glicosa, para o que o smartwatch ten que comunicarse cun sensor subcutáneo que mide o índice glicémico cada cinco minutos.

Esta solución integraríase con Healthkit, a plataforma de información de forma física e saúde de Apple, o que incluso podería facilitar o aproveitamento dos datos recollidos por parte de doutores. Dada a popularidade do Apple Watch e o potencial deste tipo de avances en eSaúde, é moi probable que este tipo de solucións cheguen callar na sociedade, cando menos entre o público de maior poder adquisitivo.

Tema: General
Fuente: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal