Esta xornada contará con representantes do sector turístico, así como expertos no desenvolvemento de novas tecnoloxías e organizacións traballando en favor das persoas con discapacidade, que compartirán os seus coñecementos e experiencias no ámbito do turismo accesible e os destinos intelixentes, analizando as oportunidades e os retos máis relevantes.
Así mesmo, poranse de relevo boas prácticas de tecnoloxías aplicadas ao turismo accesible nos ámbitos a reserva de aloxamentos, o transporte, a mobilidade no destino e a participación nas actividades de lecer.
Na última década, a tecnoloxía está a cambiar a forma de viaxar dunha forma significativa a través dun amplo abanico de páxinas web ou aplicacións móbiles que se utilizan para a preparación de viaxe, a compra de billetes de transporte, os sistemas de reserva de aloxamento, a procura de información sobre o lecer e a cultura dentro do destino turístico desexado, así como a orientación no mesmo.
As novas tecnoloxías poden contribuír para que a experiencia do turismo sexa máis accesible e satisfactoria para todas as persoas; o seu desenvolvemento implica o coñecemento das necesidades de todos os seus usuarios potenciais, incluíndo as das persoas maiores, persoas con discapacidade ou outras persoas con mobilidade reducida.
O uso das devanditas tecnoloxías no destino está relacionado co termo ?destino turístico intelixente? (smart destination). Este destino é innovador, en canto aos produtos e servizos que ofrece, responsable co medio ambiente e coas persoas, incorporando á vez a tecnoloxía, a accesibilidade universal en toda a cadea de valor da experiencia turística para ser máis sustentable e máis competitivo.
Esta xornada porá de relevo algúns exemplos de boas prácticas relativas ao desenvolvemento e a utilización das novas tecnoloxías nos ámbitos de viaxes, turismo e lecer. Ademais, exporá os retos principais para que o seu uso sexa xeneralizado nos diferentes elos da cadea da accesibilidade no turismo.
Terá lugar o día 29 de xaneiro de 2015, de 12 a 14 horas, no marco da Feira Internacional de Turismo FITUR (IFEMA, sala N 115 /116), Madrid, España, para rexistrarse, rogamos encha o formulario de inscrición e remítao por correo electrónico a turismo@fundaciononce.es antes do 23 de xaneiro de 2015.
Máis información:
Regístrate como: