Google lanzou en Alemaña unha nova plataforma na nube chamada Open Roberta, para que os nenos alemáns aprendan a programar con robots. Con Open Roberta Google trata de animar aos nenos a codificar utilizando LEGO Mindstorms, que son basicamente robots programables.
Google estivo traballando coa organización local TI Fraunhofer IAIS -que recibiu 1 millón de euros de Google.org- para desenvolver este novo programa que busca simplifica-la programación de robots e axudar aos estudantes e docentes de Open Roberta a sortea-los obstáculos técnicos.
Seguindo un sistema baseado na nube, os nenos poden utiliza-las ferramentas necesarias para programar sen necesidade de instalar un 'software' ou determinadas ferramentas de programación.
Google comunicou que os profesores terán á súa disposición tutoriais sobre o uso de Open Roberta para "satisface-los intereses de nenas e nenos".
Nos últimos tempos, Google interesouse pola intelixencia artificial e a robótica. O xigante tecnolóxico comprou a empresa de intelixencia artificial DeepMind e adquiriu, ademais, a empresa de robótica Boston Dynamics. Así que sorprende ver que a compañía siga traballando nesta dirección.
O proxecto Open Roberta está dispoñible e aberto para todas as escolas dos 16 estados de Alemaña.
Regístrate como: