Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Codix

En menos de 8 horas cubrironse as 360 prazas convocadas pola Amtega para a obtención do CODIX

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 29/09/14 (09:15)

O día 25 de setembro publicábase no DOG a primeira convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática da Xunta (CODIX).

Por medio desta certificación, a persoa titular pode acreditar, ante as instancias públicas ou privadas, as súas competencias en tecnoloxías da información e as comunicacións en materia de ofimática. Para acadala é preciso superar un exame, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación a través das aulas CeMIT.

O éxito de acollida desta primeira convocatoria foi tal, que en 8 horas cubrironse as 360 prazas convocadas pola Amtega para a obtención do CODIX.

Tema: General
Fuente: Amtega
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal