Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

avalia-t

Galicia celebra a primeira Xornada da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do Sistema Nacional de Saúde

  • avalia-t exerce durante 2014 a presidencia da Rede, polo que recae sobre ela a súa representación nos foros internacionais
  • A conferencia inaugural estará a cargo do director da Área de Corazón do Hospital de Bellvitge, Ángel Cequier Fillat, e levará por título ‘Unha aproximación clínica á avaliación de tecnoloxías sanitarias’
     
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 16/09/14 (09:32)

A Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia (avalia-t) vén de organizar a I Xornada da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do Sistema Nacional de Saúde, que se celebrará en Santiago o próximo xoves.

O seu obxectivo é dispor dun espazo interno de traballo, debate e reflexión que contribúa a identificar áreas de mellora e potenciar sinerxías, nun foro aberto que propicie o debate e a autocrítica de forma construtiva. Nela trataranse temas como a uniformidade e criterios de calidade nos informes de avaliación; os novos formatos e as tecnoloxías emerxentes; a participación dos grupos de interese; e a difusión dos produtos para chegar ás audiencias diana.

A conferencia inaugural, que terá lugar o xoves ás 13.00 h, estará a cargo do director da Área de Corazón do Hospital de Bellvitge, Ángel Cequier Fillat, e levará por título Unha aproximación clínica á avaliación de tecnoloxías sanitarias.

Foros internacionais
avalia-t exerce durante 2014 a presidencia da Rede, polo que recae sobre ela a representación do Consello da Rede nos foros internacionais, entre eles cabe destacar o desenvolvemento da Rede Europea de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias (HTA Network) que define un novo escenario no que a Unión Europea facilita a cooperación entre autoridades nacionais e responsables da avaliación de tecnoloxías designadas polos Estados membros. Neste foro, avalia-t participou en calidade de asesor acompañando ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade dende o seu inicio, en xaneiro de 2013.

Santiago acollerá tamén esta semana unha xuntanza do Pleno do Consello da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do SNS, que está integrada pola Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias do Instituto de Saúde Carlos III (AETS); o Servizo de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias do Goberno Vasco (Osteba); a Unidade de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias da Comunidade de Madrid (UETS); avalia-t; a Axencia de Calidade e Avaliación Sanitarias de Cataluña (AQuAS); a Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Andalucía (AETSA); Servizo de Avaliación e Planificación do Servizo Canario de Saúde (SESCS); o Instituto Aragonés de Ciencias da Saúde (IACS); e as direccións xerais de Carteira Básica de Servizos do SNS e Farmacia e a de Saúde Pública, Calidade e Innovación do Ministerio de Sanidade.

Tema: General
Fuente: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal