Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Logotipo de Fundación ONCE e imaxe representativa de todas as redes sociais

Fundación ONCE lanza unha enquisa masiva para analizar a accesibilidade das redes sociais


  • Esta enquisa xorde no marco do Observatorio de Accesibilidade TIC do portal Discapnet e co fin de mellorar a alfabetización dixital e o acceso á Sociedade da Información das persoas con discapacidade. 

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 09/09/14 (13:10)

Fundación ONCE analizará a accesibilidade das redes sociais co fin de elaborar un informe que dea a coñecer o estado actual das plataformas máis estendidas en Internet. Será a través dunha análise técnica realizada por expertos en accesibilidade, así como dunha enquisa masiva dirixida a todos os usuarios, en especial persoas con discapacidade.


A iniciativa desenvólvese no marco do Observatorio da Accesibilidade TIC de Discapnet, xestionado por Technosite -empresa pertencente ao grupo de empresas da ONCE e a súa Fundación-, que dende o ano 2004 realiza estudos sectoriais sobre a accesibilidade en portais web, co fin de mellorar a alfabetización dixital e o acceso á Sociedade da Información das persoas con discapacidade.


O estudo sobre a accesibilidade das Plataformas de Redes Sociais en Internet parte do que xa elaborou o Observatorio en 2010, e que deu como resultado un informe no que as redes sociais suspendían en accesibilidade. A nova análise pretende avaliar os cambios que se produciron nestes catro anos en relación á experiencia de uso das redes sociais por parte de persoas con discapacidade, tanto a través do ordenador coma dende teléfonos móbiles e tabletas.


Con iso búscase dar a coñecer e destacar, ademais de niveis de cumprimento respecto ás pautas vixentes, prácticas favorables e as principais barreiras na web, incluíndo nesta valoración a perspectiva dos usuarios.


Segundo o Observatorio da Accesibilidade TIC, as plataformas de redes sociais en Internet "abren un mundo de posibilidades que permiten ao usuario, non só obter información, senón tamén interactuar" e, no caso das persoas con discapacidade, salvan as distancias físicas e permiten elixir canles de información á medida". Non obstante, se incumpren as condicións de accesibilidade "convértense nun obstáculo, esixen un sobreesforzo ou impiden a comunicación".


A enquisa, á que é posible acceder mediante unha ferramenta especificamente desenvolvida por Technosite que garante a plena accesibilidade para todas as persoas, encóntrase dispoñible ata o próximo día 6 de outubro a través do enlace da Sección de Enquisas da Web Oficial de Technosite. 

Tema: General
Fuente: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal