Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Vértebra creada cunha impresora 3D

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 26/08/14 (09:21)

A medicina e a impresión 3D están chamadas a entenderse da mellor das maneiras. E o primeiro transplante dunha vértebra creada cunha impresora 3D é un bo exemplo.

Este fito produciuse en China, onde doutores do hospital universitario de Pekin afirmaron que se trata efectivamente da primeira operación deste tipo que se realiza, substituíndo o material plástico habitual deste tipo de impresións por titanio. A operación produciuse na columna dun mozo de 12 anos enfermo de cancro de ósos.

O uso desta vértebra no canto do módulo estándar habitual de titanio podería permitir que a recuperación tras a operación sexa máis rápida, ao ser un elemento feito á medida e necesidades exactas do paciente.

Tema: General
Fuente: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal