Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Lentes

Investigadores do Instituto Politécnico Nacional de México desenvolveron un bastón virtual e un cinto vibratorio

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 25/08/14 (08:40)

Investigadores do Instituto Politécnico Nacional de México desenvolveron un bastón virtual e un cinto vibratorio cos que as persoas cegas poderán coñecer a distancia á que está o que lles rodea, e unhas lentes capaces de detectar a información non verbal usada polo interlocutor durante unha conversación, segundo informou a institución nunha nota.

O bastón virtual funciona por medio dun teléfono intelixente ao que se lle axusta un apuntador láser, de forma que grazas á cámara do dispositivo móbil pódese calcular a distancia entre a persoa e o obxecto. Esta información é proporcionada ao usuario por medio de vibracións, que aumentan de intensidade ao diminuír a distancia ao obxecto, persoa ou obstáculo. O cinto, pola súa banda, sería capaz de alertar de todos aqueles obstáculos que estean ao nivel da cabeza.

Respecto das lentes, os investigadores buscan melloralas para facilitar ao usuario información sobre a expresión facial ou os xestos coa cabeza do seu interlocutor. "Este proceso de reproducir os xestos non verbais do interlocutor é coñecido como ‘mirroring’ e o obxectivo é incrementar o grao de cohesión e participación na interacción social", explican desde a institución mexicana.

Estes produtos foron desenvolvidos, segundo o profesor do IPN Joaquín Salgas, de forma inclusiva, durante un proceso no que mozos cegos explicaron as súas necesidades no día a día.

Con todo, algúns destes obxectos non son só para cegos. As lentes, por exemplo, poden servir de apoio tamén ás persoas con autismo ou con síndrome de Asperger, que teñen dificultade para entender a linguaxe verbal coloquial.

Polo momento, os investigadores aseguran estar satisfeitos coas probas realizadas con mozos cegos e están a facer máis cómodos os inventos para que poidan ser comercializados canto antes.

 

Tema: General
Fuente: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal