Ávila e Segovia serán as primeiras Cidades Patrimonio españolas en dispoñer dunha aplicación móbil accesible para todos os seus visitantes. Ámbolos municipios incorpóranse así ao proxecto Áppside, impulsado por Fundación Orange e GVAM Guías Interactivas para lograr o acceso igualitario á cultura e patrimonio nacionais.
As respectivas apps de Ávila e Segovia consistirán nunha audioguía interactiva con varios percorridos e contidos audiovisuais, que guiarán ao visitante polas singulares rúas e enclaves destas dúas cidades castelán-leonesas. Grazas a Áppside, as apps serán totalmente gratuítas e accesibles para persoas con discapacidade sensorial, incluíndo subtítulos e vídeos en Lingua de Signos para as persoas xordas e audiodescripcións para as persoas cegas. Ámbalas dúas poderanse descargar en teléfonos móbiles IOS e Android.
Áppside desenvolveu xa a aplicación móbil do Museo Lázaro Galdiano de Madrid e atópase traballando nas do Museo Carmen Thyssen de Málaga e o Alcázar dos Reis Cristiáns de Córdoba. Con estas novas incorporacións, compleméntase a oferta en accesibilidade de dúas das máis importantes referencias españolas do turismo inclusivo, esforzo recoñecido polas entidades e colectivos das persoas con discapacidade tanto en Ávila como en Segovia. Do mesmo xeito, comeza a consolidarse un dos principais obxectivos deste proxecto: levar a cultura accesible aos espazos máis emblemáticos e representativos de España.
Regístrate como: