Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Logo Bluumi

A empresa española Bluumi destinará 300.000 euros a crear 'apps' móbiles para ONG e fundacións

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 01/07/14 (08:43)

A compañía sevillana de desenvolvemento de aplicacións móbiles Bluumi destinará un total de 300.000 euros a crear e distribuír aplicacións para ONG, persoas e fundacións que impulsen o estudo e tratamento de enfermidades raras en nenos, segundo recolle na súa páxina web.


A través destas ferramentas, a empresa pretende contribuír a mellorar a comunicación entre entidades, asociados e colaboradores e proporcionar unha ferramenta que permita "estar en contacto con todo o mundo a través dos 'smartphones', solicitar doazóns, informar de campañas ou noticias puntuais, presentar vídeo ou recoller firmas, entre outras funcións", segundo indicou o director de operacións da compañía, Estanislao Asián.


Para participar no programa, Bluumi puxo a disposición das organizacións un formulario de contacto na súa páxina web (www.bluumi.net/solidario) no que invita os responsables destas a "contar o seu proxecto". 

Tema: General
Fuente: epsocial
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal