Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Nacho Mirás recollendo o seu premio

O galego Nacho Mirás faise co recoñecemento de mellor blog persoal dos Premios 20Blogs

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 25/04/14 (08:29)

Onte á tarde celebrouse a gala de entrega dos Premios 20Blogs 2014 no auditorio do CaixaForum en Madrid, resultando especialmente destacada nesta oitava edición destes galardóns o blog de xornalismo feminino Goldman Sachs is not an aftershave, elixido como mellor bitácora de 2013.


Estes premios que entrega o Grupo 20minutos contan cun grande recoñecemento do público, premiando nesta edición a 21 cadernos de Internet entre os que podemos destacar Quiero ser creador de videojuegos na categoría de videoxogos, Territorio Abandonado na categoría de multimedia e microblogs, Scientia na categoría de ciencia, tecnoloxía e Internet, e, moi especialmente, Rabudopuntocom, o blog do xornalista galego Nacho Mirás, que coa narración da súa loita contra o cancro conseguiu o recoñecemento de mellor blog persoal de 2013.

Tema: General
Fuente: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal