Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

"Soporte Parental", unha app para monitorizar os desprazamentos das persoas con

Unha 'app' para monitorizar os desprazamentos das persoas con discapacidade


  • Unha aplicación para estabelecer e controlar os percorridos en transporte público de persoas dependentes.

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/03/14 (09:37)

Norma 4 desenvolveu unha aplicación para móbiles destinada a que os pais ou titores de persoas con discapacidades psíquicas poidan controlar os desprazamentos destas. Trátase dunha solución que garante a seguridade dos usuarios, ao tempo que lles achega unha maior autonomía de movementos.


O sistema de control permite, mediante un teléfono mestre, programar o percorrido a realizar pola persoa dependente que leva consigo un teléfono tutelado, utilizando as bases de datos de metro, autobús, etc.


A aplicación proporciona maior calidade de vida tanto aos que teñen ao seu cargo persoas destas características coma a elas mesmas.


"Soporte Parenteral" axuda a incorporar un sector da poboación, que actualmente se encontra relativamente afastado de certas áreas de actividade, á vida pre-laboral, laboral, formativa,… achegando unha solución ás persoas que pola dependencia familiar-tutela non poden desprazarse soas pola cidade con autonomía e seguridade.


Demanda social


Norma 4 desenvolveu este proxecto tras detectar unha demanda por parte das asociacións e entidades, tanto de carácter público (federacións deportivas, administracións, etc.), coma de carácter privado (agrupacións, fundacións, etc.) que están a buscar novas vías de incorporación á vida laboral e ao día a día salvando as dificultades que para iso teñen algunhas persoas.


Estamos ante un exemplo claro de como a tecnoloxía axuda a mellorar as condicións de vida, e mesmo a autoestima, dos que vían antes moi limitados os seus desprazamentos por ter que realizalos sempre en compañía. Esta aplicación facilitará a integración deste tipo de persoas achegando tranquilidade e independencia aos que teñen a tutela do discapacitado", sinala Luis Ignacio Ardila, director de Tecnoloxía e Solucións de Norma 4. 


Funciona de xeito sinxelo


O funcionamento da aplicación "Soporte Parenteral", desenvolvida baixo plataforma Mobile, é moi sinxelo. O teléfono mestre recibe en tempo real o percorrido que a persoa dependente estea a realizar e as posibles incidencias que puidesen xurdir, o que fai posible unha reacción inmediata. Ademais, o teléfono móbil mestre pode enviar ao "tutelado" as correccións necesarias para regresar á ruta establecida mediante o uso de alarmas, vibración, mensaxes de voz, texto, etc. Incorpora, así mesmo, un botón de "pánico" con notificación inmediata ao teléfono mestre en caso de desviación sobre a ruta establecida previamente e permite, tamén, utilizar a cámara frontal e traseira do teléfono tutelado para identificar unha posible subtracción deste, bloqueando o uso do terminal ata a introdución do código de desbloqueo dende calquera dos dous teléfonos. A aplicación actívase sobre a base de horarios preestablecer dende o teléfono mestre.


A plataforma funciona sobre os sistemas operativos iOS, Android.


Sobre Norma 4


Norma 4 é unha empresa española que centra a súa actividade no ámbito das Tecnoloxías da Información. Dende a súa creación en 1995, desenvolveu múltiples proxectos en distintos ámbitos tecnolóxicos así como para diferentes sectores de actividade. A experiencia acumulada converte a Norma 4 nun referente en Consultoría, Desenvolvemento de Software, Outsourcing e Servizos Profesionais. Norma 4 preséntase como un socio tecnolóxico solvente e rigoroso. Cunha contrastada capacidade para comprender os problemas dos seus clientes e proporcionar solucións, desenvolve conxunta e estreitamente proxectos ad hoc achegando as máis idóneas solucións tecnolóxicas para fortalecer o soporte do negocio, posicionando os seus clientes na vangarda da innovación. 

Tema: General
Fuente: Norma 4
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal