Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Tiritas de Software

Tiritas de Software

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/02/14 (08:51)

Pola parte que me toca, e como toca esta parte, botei unha ollada a ese mundiño “libre” de software para profesionais da medicina. Como en tódolos eidos profesionais, ÑU e a comunidade de software libre, foi cubrindo dende cero as necesidades profesionais de médicos, sanitarios e da xestión sanitaria. O conto é o de sempre. A industria de software privativo desenrola software, o vende, e é o que hai. A comunidade de software libre, por distintas motivacións, chega a crear aplicacións que fan o mesmo que as primeiras, se ben, sobre software libre, o cal é garantía de fiabilidade nun campo no que esta virtude é tan apreciada. Vou distinguir un número pequeno de aplicacións, tendo en conta que hai moitas máis, tanto para uso común nos ordenadores, como en tablets, e smartphones.



  • GNUmed: É un EMR (Archivo médico electrónico). É un cliente-servidor adicado ao arquivo e seguimento de clínica ambulatoria, fichas de pacientes, etc…)

  • Aeskulap: Visor de imaxes médicas e DICOM.

  • SOFA: Un entorno de simulación médica. Dinámica, comportamento. Neste caso, e nalgún outro, escápanseme as posibilidades que ten a aplicación, pois falamos dun eido moi técnico.

  • Caret: Visor de reconstrucións e manipulación de superficie de córtex cerebral. Como soa.

  • CTSim: Simulador tomográfico interactivo.

  • Xmedcon: Paquete de conversión de imaxes médicas.

  • PSPP: Paquete de análise estatístico. Este é o clon do famoso SPSS, un software imprescindible para estadistas deste ramo. (Unha licenza de SPSS usuario, normalito, un ano de soporte: 6221 euros).

Estes son exemplos de aplicacións para PC, empregados xa por miles de profesionais na práctica médica, beneficiándose das vantaxes de empregar software libre. Legal, funcional, actualizado, ampliable e precioso. Nunca vas a perder a información que introduzas, podendo intercambiala entre distintos programas. Nin hoxe, nin nunca, e así, o traballo adicado no se perde no típico cambio de versión, ou probando outro programa mellor, etc, como ocorre co software privativo. É público, estandarizado, libre, accesible e instalable dende calquera ordenador con software libre.


Outros dos aparellos cada vez máis empregados polos profesionais da medicina, son as tablets e os teléfonos intelixentes, que non son intelixentes, o que pasa é que practicamente son ordenadores en miniatura, e poden empregar (os bos) software libre (Android de momento). Para un médico, pode representar unha ferramenta fabulosa. Aceso a datos, historiais, consulta, e por suposto a propia comunicación con outros especialistas. De xeito cómodo. Coa ferramenta no peto. Do mesmo xeito, os pacientes, poden ter as súas propias aplicacións instaladas nos seus equipos para controlar e facer seguimento de distintas doenzas, asemade de poder ser compartidas co seu médico.



  • Dbees: Aplicación para persoas que sofren de diabetes. Personalización, seguimento, datos, dosificacións, planificación diaria…

  • ICE: Aplicación que proporciona información útil básica en caso de precisar atención médica urxente. Dirixida tanto ás persoas que te atendan en primeira instancia, como o persoal sanitario que poda ter que atenderte máis adiante nun centro sanitario.

  • FirstAid: Una sinxela e práctica aplicación para axudarte cos procedementos correctos a seguir en posibles situacións de emerxencia médica, para axudar a outra xente a facelo, ou mentres lle das as instrucións pertinentes.

  • Farmadroid: Farmacias de garda.

  • MedMinder: Sinxela aplicación cunha misión moi clara. Lembrar ó paciente medicamento, horario e dose da medicación.

  • Calendarios menstruais, seguimento de embarazo, control de presión sanguínea permanente (isto require un aparatiño a maiores, loxicamente).

Caso aparte é o das unidades de telemedicina vía web, que xa levan anos en funcionamento, e que basicamente fai consultas de especialidades, e segundas opinións.


A maioría das aplicacións están, como todo no software libre, en tódalas linguas que os linguafalantes tiveron a ben traducir, que son case todas. Este é un punto clave no software libre. Como o desenrolo de todo o software é compartido, a lingua na que podas instalala depende de que quen fala esa lingua, se moleste en traducila. Calquera pode participar. Así, os profesionais de cada eido, por interese, aportan traducións de menús, de axudas e do que fai que un programa estea traducido. Podes instalar calquera aplicación en quiñaruanda que alguén tivera a boa vontade de traducir. E hai.

Tema: General
Fuente: El Ideal Gallego
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal