Código Cero, o Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia, recolle a participación da realizadora Cora Peña no primeiro dos Encontros 2.0 no local compostelán Kunsthalle, como exemplo de sustentabilidade dos medios dixitais.
Neste evento a realizadora Cora Peña, o blogueiro Felipe Rivero e o xornalista David Lombao expuxeron os seus distintos proxectos de comunicación e os diferentes camiños que seguiron para ver a luz e manterse en activo, deixando claro que a sustentabilidade dos medios ten moitas faces.
Financiamento achegado polas masas
A encargada de abrir o encontro foi a realizadora Cora Peña, que explicou como conseguiu financiamento para o seu documental Tesouro de Corcoesto a través de crowdfunding. Para que este documento audiovisual que aborda o problema da megaminería puidesen levarse adiante era precioso unha achega económica básica, e para conseguila recorreron á plataforma Goteo.org, da que souberon a través dunha actividade do Plan de Voluntariado Dixital, e que consideraron que era máis atinada para o obxectivo marcado fronte á alternativa máis importante en España (Verkami) por ser moi empregada para causas sociais e ecolóxicas, e que conseguiu acadar o financiamento desexado grazas a un esforzo constante durante a campaña de micromecenado, recoñecendo que dinamizar este tipo de proxecto para achegar fondos precisa dunha dedicación absoluta.
Peña quixo destacar que non só hai solucións como Vekami e Goteo, senón que hai moitos outros xeitos de conseguir fondos para proxectos audiovisuais sen ter que depender de plataformas que recibir comisións polo seu servizo, á vez que comentou que en España os obxectivos a superar deben ser moi modestos para ter éxito, xa que as campañas no noso territorio tenden a mover volumes económicos bastante reducidos, moi lonxe do que nos EE.UU. podemos ver en plataformas como Kickstarter.
Pode ler a nova completa aquí.
Regístrate como: