Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Premios Sociais 2013 de Fundación MAPFRE

Fundación MAPFRE convoca os seus Premios Sociais 2013

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 30/10/13 (10:40)

FUNDACIÓN MAPFRE convoca os seus Premios Sociais 2013, que recoñecen as persoas ou institucións que realizaron actuacións destacadas en beneficio da sociedade nos ámbitos científico, cultural e social.


Estes galardóns, de carácter internacional e cuxa dotación individual ascende a 30.000 euros, outórganse en catro categorías:



  • «Premio José Manuel Martínez a toda unha vida profesional». Concédese como recoñecemento a unha persoa maior de 70 anos, por unha fecunda e exemplar vida profesional ao servizo da sociedade e das persoas, preferiblemente nunha actividade que coincida cos fins de FUNDACIÓN MAPFRE.

  • «Premio á mellor xestión ambiental». Ten por obxecto distinguir unha institución que levase a cabo un proxecto ou acción que contribúa de forma relevante á preservación do medio.

  • «Premio á mellor acción solidaria». Está destinado a premiar os méritos dunha persoa ou entidade que leve a cabo unha destacada e efectiva acción social en beneficio das persoas menos favorecidas.

  • «Premio á mellor acción de prevención de accidentes e de danos á saúde». Recoñece unha contribución relevante de entidades ou persoas na prevención de riscos ou accidentes, incluídas a seguridade vial e a promoción da saúde.

O prazo para entregar as candidaturas finaliza o 15 de decembro de 2013.


Consulta as bases da convocatoria en:  www.fundacionmapfre.org/premios


 

Tema: General
Fuente: Fundación MAPFRE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal