Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Logo Gradiant

Gradiant aplicará todo o coñecemento xerado nos seus máis de cinco anos de vida á saúde.

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 23/09/13 (11:43)

Helena Fernández, doutora en Telecomunicacións e adscrita ao proxecto europeo LIFTGATE, será a responsable do novo Área de eSalud.


O novo área basea as súas investigacións na telemedicina e o coidado personalizado, a xestión e a análise dos datos clínicos e a interoperabilidade. Para iso utilizará todo o coñecemento e a experiencia de Gradiant en campos como o as redes de datos e sistemas de comunicación, o recoñecemento automático de estados afectivos de persoas, a trazabilidade documental, e a seguridade dos datos na nube.


Gradiant contribuíu á mellora dos sistemas de distribución multimedia e desenvolveu tecnoloxías de localización en interiores, identificación automática da actividade en contextos, e protección dos datos clínicos. Todos eles, aspectos clave na xestión dos recursos e a información no ámbito sanitario.


A Área de eSalud tamén actuará dentro do marco das tecnoloxías Ambient Assisted Living. Estas tecnoloxías contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas maiores mediante a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación. Nese ámbito, Gradiant tamén conseguiu logros como o recoñecemento de caras a partir de gravacións de vídeo, a estimación da idade a partir dos trazos faciais ou o seguimento do movemento humano mediante o uso de sensores portátiles. Todas estas tecnoloxías xa están no mercado grazas á experiencia de Gradiant no desenvolvemento de proxectos xunto coa industria.


Aínda que non é a primeira incursión de Gradiant no campo da saúde. Xa vén desenvolvendo varias liñas de investigación para os proxectos Innova Saúde e Hospital 2050, e participa no Partenariado de Innovación Europeo sobre Envellecemento Activo e Saudable (EIP AHA). 

Tema: General
Fuente: Innovaticias.com
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal