Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Cartel do seminario " Os menores e o uso seguro das redes sociais"

O CPETIG achega un seminario sobre os riscos dos menores sen supervisión nas redes sociais

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 18/09/13 (11:19)

Na vindeira semana -o xoves 26 de setembro das 16 ás 20 horas- terá lugar no compostelán Centro Demostrador TIC (CDTIC) un seminario gratuíto titulado Os menores e o uso seguro das redes sociais. Cómpre dicir que este evento está organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG); atopándose inserido no convenio asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). E a quen vai encamiñada esta actividade? Pois de xeito especial a pais, titores e formadores, así como a profesionais do sector da educación, tendo como finalidade sensibilizar sobre os principais riscos potenciais que existen na Rede para os menores que non conten coa supervisión axeitada, amais de achegar os recursos precisos para axudar na prevención dos mesmos e minimizar as súas consecuencias.


Emporiso, neste seminario abrangueranse conceptos como ciberbulling (acoso entre menores), grooming (acoso entre un adulto e un menor), ou sexting (envío de fotografías sexuais), tamén se tratarán a fondo temas como: O menor como vítima ou responsable de delitos cometidos a través de internet; A privacidade e a seguridade en Tuenti; Verdades e mentiras das redes sociais ou Consellos para o uso seguro destas.


É preciso subliñar que neste encontro intervirán expertos na materia como a Fiscal Delegada de Criminalidade Informática na provincia de Pontevedra, Marta García de la Concha; o responsable do equipo de Delincuencia Tecnolóxica da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Gonzalo Sotelo; a pedagoga do Soporte de Usuarios en Tuenti, Blanca Díaz-Pabón Bascuñán e os Enxeñeiros Técnicos en Informática (colexiados do CPETIG) Jonathan Gándara Alonso e Enrique González Sanmartín.


Engadir que os interesados en asistir ao seminario Os menores e o uso seguro das redes sociais poderán tamén facelo a través de videoconferencia dende diversos puntos de Galicia, grazas ás aulas da Rede CeMIT situadas en: Fisterra, Boiro, Betanzos, Burela, Lugo, A Guarda, Leiro, Pontedeume, Celanova, Ortigueira, Barreiros, Xunqueira de Ambía, Vilanova de Arousa, Verín, Valga, O Porriño, Ponteareas, Lalín, A Coruña e Sarria.


Para acceder a máis información sobre este seminario xa se atopa dispoñible o programa do mesmo

Tema: General
Fuente: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal