Nagusi 2013, o Salón do Ocio, Servizos e Actividades para Persoas Maiores, quenta motores e encóntrase xa en plena preparación da súa 17ª edición. A iniciativa, consolidada xa como referente e lugar de encontro de todas aquelas persoas que buscan formación, información e ocio para mellorar a súa calidade de vida; non só persoas maiores, senón tamén familiares, coidadores e profesionais dedicados ou vinculados ao sector sociosanitario, terá lugar na sede do Bilbao Exhibition Center (BEC) entre os días 18 e 20 de outubro.
Segundo explican dende a organización do evento, "esta 17ª edición ten como obxectivo principal fomentar a calidade de vida dos maiores. Por iso, a súa ampla e variada oferta expositiva, formativa e de actividades multidisciplinares poñerá ao alcance dos visitantes un extenso abano de posibilidades co que enriquecerse e gozar".
Na pasada edición, que coincidiu co Ano Europeo do Envellecemento Activo e a Solidariedade Interxeracional, Nagusi congregou a un total de 79.000 visitantes e contou cunha ampla oferta expositiva, entre os que se encontraban institucións públicas, Kutxa Bank, patrocinador do certame, ademais de asociacións, e medios de comunicación. A oferta acolleu aos sectores de residencias, centros de día, axuda a domicilio, asistencia social e sanitaria, axudas técnicas, promoción tecnolóxica, comercio xusto, estética, inmobiliaria, seguros, entidades bancarias, voluntariado social, consultorías, xestorías, animación sociocultural e revistas especializadas, entre outros.
Regístrate como: