Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Ecos do Sur: Integración social e laboral de persoas migrantes en A Coruña

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/08/13 (10:39)

A Fundación Cibervoluntarios ven de comenzar dous cursos para a organización galega Ecos do Sur: Iniciación ao uso de Internet para un grupo de migrantes do centro. Ecos do Sur é unha ONGD independente, aconfesional, profesional e sen ánimo de lucro, entre cuxos obxectivos están os de propiciar a Integración Social e Laboral de persoas en exclusión social, así como a Cooperación ao Desenvolvemento. A súa misión é propiciar a integración social e laboral das persoas inmigrantes, retornadas, así como doutros colectivos en situación de vulnerabilidade. Intentan dar a coñecer la situación socioeconómica dos países do Sur, sensibilizando sobre as súas realidades e cooperando para o seu desenvolvemento. A transparencia, a calidade, a promoción da igualdade e dignidade das persoas forman parte da súa filosofía. Ecos do Sur foi fundada en 1991, o seu ámbito de actuación é estatal e ten a súa sede na cidade de A Coruña (Galicia).

Voluntariado e tecnoloxía vólvense unir nesta experiencia para loitar a favor da integración de todas as persoas e potenciar o desenvolvemento e a innnovación a través do uso social de ferramentas tecnolóxicas. Os cursos realizaranse na biblioteca de Sagrada Familia:Rúa de Antonio Pereira de A Coruña ata o 21 de agosto, coa colaboración dos cibervoluntarios Francisco José López Villa e David Sotelo Gavilán.

Tema: General
Fuente: Cibervoluntarios.org
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal