Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Programa formativo Integra en Rede

Integra en Rede 2013: Formación TIC para persoas con diversidade funcional e dependentes

 

  • O programa está conformado por máis de 40 accións formativas en colaboración coa Fundación Ramón Molinas
  • Ten como obxectivo ensinar un uso social da tecnoloxía como medio para paliar brechas sociais.
  • Está orientado ás persoas dependentes, concretamente, persoas con discapacidade, persoas maiores e persoas con problemas de saúde mental, e a súa contorna.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/08/13 (10:07)

Ponse en marcha o calendario de accións para o programa Integra en Rede durante 2013. Integra en Rede, un proxecto de formación TIC organizado pola Fundación Cibervoluntarios conta desde agora coa colaboración da Fundación Ramón Molinas para a súa execución ao longo do ano 2013. A Fundación Ramón Molinas, nace co obxectivo de desenvolver diferentes actividades sen ánimo de lucro e preferentemente relacionadas co ámbito da tecnoloxía. O programa de formación céntrase no fomento do uso das Novas Tecnoloxías entre colectivos con diversidade funcional e dependencia para a mellora da calidade de vida destas persoas.

O número de residentes en España que sofren discapacidade ascende a 3.847.900 (2,3 millóns de mulleres e 1,55 millóns de homes), o que supón o 8,5% da poboación. Por outra banda, tamén son beneficiarios as persoas maiores de 55 anos. En España concretamente hai 13.240.205 persoas maiores de 55 anos. É froito por tanto dunha análise exhaustiva e das demandas que estamos a detectar por parte das organizacións que dirixen a súa acción a persoas con diversidade funcional e dependencia e centros de maiores que solicitan outras vías de integración e contacto dos seus usuarios coa contorna máis próxima. O aprender o uso e coñecemento das ferramentas tecnolóxicas nesta contorna fai a diferenza.

Hai un dobre obxectivo que nace desta nova colaboración:

Por unha banda, integrar na sociedade da información a persoas con diversidade funcional e dependencia a través do coñecemento e uso de Internet, o móbil e formación personalizada online. E por outra, empezar un programa conxunto entre a Fundación Ramon Molinas e a Fundación Cibervoluntarios, un programa con fondo social e base tecnolóxica para este 2013. Realizaranse 40 actividades, entre cursos, talleres, co obxectivo de ensinar un uso social da tecnoloxía como medio para paliar brechas sociais e mellorar a participación cidadá de colectivos con maior risco de exclusión sociodigital. O programa está especialmente orientado ás persoas dependentes, concretamente, persoas con discapacidade, persoas maiores e persoas con problemas de saúde mental, e a súa contorna, familiares e  persoal de ONG relacionadas con este ámbito.

Máis información doprograma aquí http://www.integraenred.org/

Tema: General
Fuente: Cibervoluntarios.org
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal