Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Rolda de prensa de Alberto Núñez Feijóo.

A Xunta ofrece un novo programa para mellorar as competencias dixitais e o emprendemento das galegas que viven no rural cun orzamento inicial de 5,2 M€

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 17/02/22 (17:09)
  • Feijóo salienta que vai dirixido preferentemente a mulleres desempregadas e con residencia en municipios de menos de 30.000 habitantes

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, en rolda de prensa, que a Xunta ofrecerá un novo programa para mellorar as competencias dixitais e o emprendemento das galegas que viven no rural cun orzamento inicial de 5,2 M€, financiado con cargo a fondos Next Generation.

Segundo avanzou Feijóo, vai dirixido preferentemente a mulleres desempregadas e con residencia en municipios de menos de 30.000 habitantes, aínda que, se non se cubre a totalidade das prazas, “poderán optar mulleres ocupadas sempre que estean inscritas como demandantes de mellora de emprego”.

Logo de incidir en que a previsión é chegar a 10.000 mulleres, Feijóo salientou que os obxectivos desta iniciativa son: mellorar as competencias dixitais para que non exista fenda no seu desempeño profesional; ofrecer maiores oportunidades de inserción laboral ás galegas do rural, e favorecer a súa capacidade de emprendemento.

Tema: General
Fuente: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal