Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Unha persoa maior consulta o seu reloxo intelixente antes de tomar un medicamento.

Tecnoloxía para controlar e mellorar a atención de persoas con párkinson

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 04/08/21 (08:49)

ParkinsAI é un proxecto desenvolvido por un equipo de investigadores do Massachusetts Institute of Technology (MIT) que aplica a tecnoloxía ao coidado de persoas con párkinson, ofrecendo un monitorado constante dos síntomas da enfermidade.

O proxecto busca conxugar este monitorado permanente co uso da telemedicina para mellorar a atención dos pacientes, prevendo os momentos nos que os síntomas da enfermidade son máis severos e axustando os medicamentos a cada momento.

Este control continuo do paciente realízase mediante un reloxo intelixente capaz de medir a severidade dos tremores asociados ao párkinson.

O obxectivo de ParkinsAI é crear un modelo de coidado dinámico e adaptativo que se axuste ás necesidades de cada paciente de forma remota usando tecnoloxía sinxela como un reloxo intelixente.

Ademais, o sistema permitiría solicitar moita información sobre a enfermidade que axudará ao desenvolvemento de modelos para mellorar o seu tratamento.

Tema: General
Fuente: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal