Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Intre do certame Innovatia 8.3.

Unha iniciativa para avanzar en accesibilidade tecnolóxica, premiada nos terceiros premios Innovatia 8.3

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 14/10/20 (08:58)

Finalmente a Universidade de Santiago comunicou a semana pasada quen son as gañadoras da edición actual, a terceira, do seu certame Innovatia 8.3, convocados pola USC e o Instituto da Muller para fomentar iniciativas empresariais innovadoras no eido científico-tecnolóxico, lideradas por mulleres e con orixe nos campus. As gañadoras foron Libera Bio e Tilúa Asisencia, esta última centrada en tirar abaixo o meirande número de barreiras entre as novas tecnoloxías e os colectivos de persoas con diversidades funcionais ou cognitivas.

Polo que respecta á compañía biofarmaceútica e spin-off da USC Libera Bio, especializada no desenvolvemento de novos medicamentos anticanceríxenos baseados en nanotecnoloxía, foi recoñecida na categoría Empresa de base tecnolóxica dos III Premios Innovatia 8.3. O proxecto promovido por Desirée Teijeiro e María José Alonso recibiu un galardón dotado con 10.000 euros.

Volvendo a Tilúa Asistencia, é como dixemos unha iniciativa dirixida a facilitar ás persoas con diversidades de toda índole tecnoloxías que lles axuden no seu día a día. Foi recoñecida na categoría Empresa startup. O proxecto promovido por Emilia Méndez Barrios e presentado pola Universidade Miguel Hernández de Elxe obtivo un galardón de 7.000 euros.

A tamén spin-off da USC BFlow, así como Evoenzyme do Centro Superior de Investigacións Científicas, foron finalistas na categoría de mellor empresa de base tecnolóxica; mentres que na modalidade destinada a premiar á mellor startup, as finalistas foron Kubalu Events da Universidade Politécnica de Madrid e Enthec Solutions da Universidade Carlos III.

A terceira edición destes premios contou coa participación de 41 empresas, 23 de base tecnolóxica e 18 novas firmas. Nos proxectos seleccionados valorouse ademais da innovación e a viabilidade económica, a súa sustentabilidade e o seu impacto social; o volume de emprego proxectado e a súa calidade; o carácter interdisciplinario do equipo e as súas políticas de igualdade.

Tema: General
Fuente: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal